Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 6 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para ser notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acordo obxecto de notificación ditouno a xefa territorial de Ourense.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense entre as 9.00 e ás 14.00 horas de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede en Ourense, Rúa do Concello, número 11, 4º andar.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Ourense, 6 de abril de 2018

Mª Luz Fernández Quintas
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Persoas interesadas:

– María Luisa González Gándara.

– María Paz Cid Rodríguez.

Asunto: reintegro por aboamentos indebidos.

Acto notificado: resolución de reintegro por aboamentos indebidos.