Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato, tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a realización do servizo consistente na realización das verificacións administrativas e a verificación sobre o terreo previstas no artigo 125.5 do Regulamento (UE) 1303/2003 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ás operacións correspondentes ao Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal, área de cooperación Galicia-Rexión Norte de Portugal, 2014-2020, que se declaren no período de vixencia do presente contrato cofinanciado nun 85 % con fondos Feder dese programa operativo, eixe prioritario 5, asistencia técnica.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-SERE 01-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=214932.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo consistente na realización das verificacións administrativas e a verificación sobre o terreo previstas no artigo 125.5 do Regulamento (UE) 1303/2003 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ás operacións correspondentes ao Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal, área de cooperación Galicia-Rexión Norte de Portugal, 2014-2020, que se declaren no período de vixencia do presente contrato.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 792120003. Servizos de auditoría.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 8 de novembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 183.460,56 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 183.460,56 €.

Importe total: 221.987,28 €, IVE incluído.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9 de marzo de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 28 de marzo de 2018.

c) Contratista: Grupo NC Auditores y Asesores de Negocio, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 110.000,00 €.

Importe total: 133.100,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza