Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, suxeita a regulación harmonizada, para a contratación das obras de adaptación do complexo do antigo hospital xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo (fase II).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2018-OBRSE 02-MP.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=226134.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: segunda fase das obras de adaptación do complexo do antigo hospital xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 45000000. Traballos de construción e quince máis.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación dos anuncios de licitación: 30.11.2017; 4.12.2017; 15.12.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 25.907.472,72 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 23.552.247,93 €.

Importe total: 28.498.220,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7 de marzo de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 9 de abril de 2018.

c) Contratista: Constructora San José, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 22.506.528,11 €.

Importe total: 27.232.899,01 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza