Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, para a contratación da xestión e explotación do servizo de cafetaría no Edifico Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, como contrato administrativo especial.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-SECON 01-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=222800.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: xestión e explotación do servizo de cafetaría no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 55322000-3, 55330000-2 e 55400000-4.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 20 de novembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Canon de licitación do contrato: 5.240,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22 de marzo de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 28 de marzo de 2018.

c) Contratista: Tourgalia Gestión, S.L.

d) Importe de adxudicación do canon:

Ano

Canon cafetaría

2018

2019

2020

2021

2022

982,50 €

1.310,00 €

1.310,00 €

1.310,00 €

327,50 €

Total

5.240,00 €

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza