Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo loxístico de transporte e distribución de medicamentos, historias clínicas e outras mercadorías dentro dos hospitais e centros pertencentes a esta xerencia (expediente AB-EIP1-17-016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-17-016.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizo loxístico de transporte e distribución de medicamentos e fluidoterapia, material de esterilización, historias clínicas e outras mercadorías. Todo iso comprendido dentro dos edificios dos hospitais Montecelo, Provincial e O Salnés, Centro de Especialidades de Mollavao e Centro de Saúde da Parda, pertencentes á Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) Lotes: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 63000000-9.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 2.9.2017 (DOUE), 12.9.2017 (BOE) e 25.9.2017 (DOG).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 494.903,95 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 224.956,34 €.

b) Importe total: 272.197,18 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 4 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 30 de xaneiro de 2018.

c) Contratista: Severiano Servicio Móvil, S.A. (CIF A27010651).

d) Importe de adxudicación:

1º. Importe neto: 190.882,04 €.

2º. Importe total: 230.967,27 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 9 de marzo de 2018

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés