Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 4 de abril de 2018 pola que se lle notifica á interesada a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria pola non ocupación da vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal na vivenda de promoción pública que consta como último domicilio coñecido, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia na cal se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberase efectuar ante o órgano de tramitación, o Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situado en Área Central, s/n; polígono das Fontiñas, 15781, Santiago de Compostela, nun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: PO-91/040, conta 12.

Nome: Concepción Rodríguez Moreira, con DNI XXXXX722W.

Indicación do contido do acto que se notifica:

Notificación (artigo 572 Lei de axuizamento civil) a Concepción Rodríguez Moreira da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida en 1994 ao IGVS por Juan José Otero Fernández e Concepción Rodríguez Moreira.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non se poderá interpoñer ningún recurso.