Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22648

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

CONVOCATORIA de selección para o posto de coordinador/a da Unidade Norte de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

O Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. acordou, na súa reunión do 23 de marzo de 2018:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura do posto de coordinador/a da Unidade Norte de Xestión do Solo de Galicia, Xestur, S.A.

Segundo. Aprobar as bases polas que se rexerá o proceso de selección, que se atopan publicadas na páxina web www.xesturgalicia.com

O prazo para a presentación de solicitudes rematará transcorridos quince (15) días hábiles contados desde o seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As proposicións presentaranse no Rexistro de Xestur Galicia (local 25 Z, 1º andar, Área Central, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela), ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común. Neste caso deberá remitirse por fax ao número 981 54 19 85, e antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, a solicitude rexistrada e a relación individualizada dos méritos que se aleguen.

Para estes efectos, a hora de peche do Rexistro será as 14.00 horas. Se coincidir en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2018

María Doporto Santos
Xerente de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.