Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22647

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública do convenio urbanístico de planeamento e xestión urbanística asinado para a regularización da área de repartición 23 do Plan xeral de ordenación municipal.

Con data do 8 de febreiro de 2018 subscribiuse un convenio urbanístico de planeamento e xestión urbanística entre a alcaldesa do Concello do Porriño, Eva García de la Torre, e Enrique Moreno Navarro, en representación da entidade Lyrsa, para a regularización da área de repartición 23 do PXOM.

De conformidade co disposto no artigo 168.1 da Lei 2/2017, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por un prazo dun mes mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello, e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

O que se fai público para os efectos do sometemento do expediente a información pública polo prazo dun mes.

O Porriño, 12 de abril de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa