Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22672

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de traballo e de saúde mental.

De conformidade co establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 81/2016, do 23 de xuño, polo que se crea no ámbito do Servizo Galego de Saúde a categoría estatutaria de persoal enfermeiro/a especialista (Diario Oficial de Galicia nº 133, do 14 de xullo), logo da negociación das bases do concurso específico da mencionada categoría e da negociación das prazas que e ofertarán nas especialidades de enfermaría de traballo e de enfermaría de saúde mental no seo da Mesa Sectorial de Sanidade, coa aprobación das organizacións CIG, CESM Omega, CC.OO., UGT e SATSE, publicadas as bases mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 21 de marzo de 2018 (DOG nº 63, do 2 de abril), en uso das competencias que lle atribúen o artigo 8 dos mencionados decretos e o artigo 4.1.b) da Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, este centro directivo

RESOLVE:

Primeiro. Convocar concurso específico para o ingreso na categoría e praza de persoal enfermeiro/a especialista do Servizo Galego de Saúde, na especialidade de enfermaría do traballo e na especialidade de saúde mental. Esta convocatoria diferenciada para o acceso, polo sistema de concurso, á categoría e prazas de enfermeiro/a especialista, realízase no seo da implantación da nova categoría de enfermeiro/a especialista e nos termos previstos no artigo 34 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e do artigo 25.3 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e de conformidade co establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 81/2016, do 23 de xuño, polo que se crea no ámbito do Servizo Galego de Saúde a categoría estatutaria de persoal enfermeiro/a especialista. A convocatoria está aberta ao persoal diplomado ou graduado universitario de enfermaría con vínculo de fixeza que desempeñe ou desempeñase no Servizo Galego de Saúde as funcións propias de cada especialidade e acredite o título da correspondente especialidade de enfermaría.

Segundo. O número de prazas que se convoca no presente proceso, para cada unha das especialidades indicadas na categoría de persoal enfermeiro/a especialista, especifícase no seguinte cadro:

Especialidade

Grupo

Centro

Nº de prazas

Titulación

Enfermeiro/a especialista en saúde mental

A2

EOXI A Coruña

17

Título universitario oficial de grao/diplomatura en enfermaría e o título de enfermeiro/a especialista en enfermaría de saúde mental

EOXI Ferrol

4

EOXI Santiago de Compostela

28

EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

11

EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

9

EOXI Pontevedra e O Salnés

8

EOXI Vigo

17

Enfermeiro/a especialista en traballo

A2

EOXI A Coruña

1

Título universitario oficial de grao/diplomatura universitaria en enfermaría e o título de enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo

EOXI Santiago de Compostela

1

EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

1

EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

1

Terceiro. Serán de aplicación a este proceso as bases aprobadas mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 21 de marzo de 2018 (DOG nº 63, do 2 de abril).

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos