Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23010

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2018 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dunha praza mediante o sistema de libre designación.

De conformidade co establecido nos artigos 88 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do Regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada mediante a Resolución reitoral do 12 de xaneiro de 2016, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo. Poderán concorrer a ela todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria e presentaranse no Rexistro Xeral (rúa Maestranza, nº 9, 15001 A Coruña) e nos rexistros auxiliares desta universidade (baixos da Facultade de Ciencias-Campus da Zapateira, A Coruña, e Doctor Vázquez Cabrera, s/n, 15403 Ferrol) ou a través das restantes formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude xuntaráselle un currículo no cal se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.

Esta convocatoria, así como os actos administrativos que dela derivaren, poderán ser impugnados no prazo e na forma establecidos na vixente Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 20 de abril de 2018

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Número de posto RPT: 46.

Denominación do posto: vicexerente Ferrol.

Centro: Xerencia.

Grupo: A1/A2.

Tipo de posto: singularizado.

Complemento de destino: 28.

Complemento específico mensual: 1.701,30 €.

Forma de provisión: libre designación.

Requisitos: funcionario/a de carreira da escala técnica superior e escala técnica grao medio da Universidade da Coruña, escala de técnicos de xestión e escala de xestión con destino definitivo na Universidade da Coruña e os/as funcionarios/as de carreira do grupo A1 e A2 que pertenzan a corpos e escalas da Administración do Estado, das comunidades autónomas e da Administración local, así como de escalas propias doutras universidades.

ANEXO II

Apelidos

Nome

NIF

Data de nacemento

Corpo ou escala

Grupo

Nº de rexistro persoal

Enderezo

Localidade

Provincia

Teléfono fixo

Teléfono móbil

Enderezo electrónico

Posto que solicita

Destino actual

Departamento

Organismo

Localidade

Solicito: ser admitido/a ao concurso mediante a Resolución reitoral da Universidade da Coruña, do 20 de abril de 2018, para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto que máis arriba relaciono.

A Coruña, _________de_______________________de 2018

(Sinatura do solicitante)

Reitor da Universidade da Coruña