Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23013

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 5352/2017).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 5352/2017 desta sección, seguido por instancia de Xurxo García Noya contra Marcial García, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, Semar Aluminio, S.L., Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., Fogasa e Sistemas Técnicos del Aluminio y PVC, S.L., sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos

Que estimando o recurso de suplicación interposto polo procurador dos tribunais Avelino Calviño Gómez, na representación que ten acreditada da empresa Sistemas Técnicos del Aluminio y PVC, S.L., coa asistencia do letrado José Pérez Ramos, contra o Auto do 1 de agosto de 2017, ditado polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, polo que se desestima o recurso de reposición formulado contra o Auto do 19 de maio de 2017, do mesmo xulgado, en procedemento de execución de sentenza de despedimento, seguido por instancia de Xurxo García Noya fronte ás empresas Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, María del Carmen Guillín Rey, Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., a recorrente e o Fondo de Garantía Salarial, debemos revogar e revogamos a resolución impugnada, deixándoa sen efecto e, por iso, a ampliación da execución acordada respecto á empresa Sistemas Técnicos del Aluminio y PVC, S.L., como executada, sen que proceda facer imposición das custas do recurso.

Procede ordenar a devolución do depósito constituído para recorrer, unha vez que sexa firme esta sentenza.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Semar Aluminios, S.L. e a María Abel Tarrío Fernández, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza