Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23015

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PMC 164/2018-0001).

PMC. Peza de medidas cautelares 164/2018-0001

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 164/2018

Sobre despedimento

Demandante: Simón Refojo Rey

Graduada social: Laura Prieto Currás

Demandados: Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A.

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de peza de medidas cautelares 2/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Simón Refojo Rey contra a empresa Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L. e Campiñas de Laíño, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva.

Desestímase a medida cautelar solicitada por Simón Refojo Rey contra a empresa Fidel Cárnicos, S.L. e, en consecuencia, declaro que non procede a adopción da medida cautelar solicitada consistente en embargo preventivo de bens da empresa demandada.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos número 164/2018 deste xulgado, para a súa constancia para os efectos oportunos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes coa advertencia de que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres (3) días.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza