Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23017

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 511/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 511/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pose Vieites contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L. e Neira y Ferreiro, S.L.U., con citación do Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza co número 40/2018 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 30 de xaneiro de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 511/2017, sobre despedimento, seguidos por instancia de José Pose Vieites, asistido pola letrada María del Mar Rodríguez López, contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L. e Neira y Ferreira, S.L.U.».

«Resolución

Estímase a demanda interposta por José Pose Vieites contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L. e Neira y Ferreira, S.L.U. e declárase a improcedencia do despedimento efectuado polas demandadas con efectos do 7 de xuño de 2017 e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as demandadas a que readmitan o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 64,01 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 2.112,20 euros por despedimento improcedente, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

Condeno, así mesmo, a empresa aboar á demandante a cantidade de 1.408,13 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Neira y Ferreira, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza