Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 4 de maio de 2018 Páx. 23264

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, ditada no proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de delineantes, grupo B, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), en execución das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditadas nos procedementos ordinarios 77/2015, 197/2015 e 198/2015.

En execución das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditadas nos procedementos ordinarios 77/2015, 197/2015 e 198/2015 procedeuse á repetición do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo).

Por resolución do tribunal cualificador do proceso selectivo do 4 de decembro de 2017 (DOG núm. 235, do 13 de decembro), fixéronse públicas as cualificacións do exercicio realizado.

Por resolución do tribunal cualificador do proceso selectivo do 22 de febreiro de 2018 (DOG núm. 56, do 20 de marzo), foron declaradas exentas da realización do terceiro exercicio todas as persoas que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo.

Á vista de todo o anterior, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo con indicación dos seus documentos nacionais de identidade.

As persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na base IV.2 da convocatoria.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Acceso libre

Núm.

NIF

Apelidos e nome

Notas 1º exame

Notas 2º exame

Notas 3º exame

Total

1

76575347K

Nogueiro Sotelo, Ana María

11,21

13,15

Exenta

24,36

2

47362567R

Sánchez Valiño, Iván

10,48

12,7

Exento

23,18

3

44823261X

Cruz Raña, Sandra

11,46

11,5

Exenta

22,96

4

32763513J

Aguiar Paz, Ana María

11,95

10,25

Exenta

      22,2

5

44835958B

García Souto, Beatriz

11,21

10,45

Exenta

21,66