Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 4 de maio de 2018 Páx. 23263

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 25 de abril de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 240, do 19 de decembro), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

Acordou:

Primeiro. Declarar a todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4 da convocatoria e dar por rematada a fase de oposición.

Segundo. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de Función Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018

Pablo Leis Mol
Presidente do tribunal