Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 4 de maio de 2018 Páx. 23357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2018 pola que se dá publicidade á formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de sistemas de información vinculados á xestión pesqueira para a promoción, mellora da comercialización e da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (expediente 2017/PA/0076).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o desenvolvemento de sistemas de información vinculados á xestión pesqueira para a promoción, mellora da comercialización e da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros, con tres subproxectos (lotes):

a. Mantemento, soporte e promoción de sistemas de información e ferramentas xa existentes (lote 1).

b. Desenvolvemento, soporte e mantemento de novos sistemas de información (lote 2).

c. Portais, aplicacións para dispositivos móbiles e ferramentas de comunicación social para o apoio das distintas campañas de promoción de produtos do mar (lote 3).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 11.9.2017.

DOUE: 7.9.2017.

BOE: 18.9.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 977.975,21 € (sen IVE), dividido segundo os lotes:

Lote 1: 372.768,59 €.

Lote 2: 483.719,01 €.

Lote 3: 121.487,61 €.

5. Formalización:

Lote 1:

Data de adxudicación: 2.1.2018.

Data de formalización: 5.3.2018.

Contratista: Sivsa Soluciones Informáticas, S.A.U.

Importe de adxudicación: 218.690,90 €, máis IVE ao 21 % (45.925,09 €), o que supón un total de 264.615,99 €.

Lote 2:

Data de adxudicación: 12.1.2018.

Data de formalización: 20.3.2018.

Contratista: Sivsa Soluciones Informáticas, S.A.U.

Importe de adxudicación: 267.631,47 €, máis IVE ao 21 % (56.202,61 €), o que supón un total de 323.834,08 €.

Lote 3:

Data de adxudicación: 15.2.2018.

Data de formalización: 27.3.2018.

Contratista: Dimensiona Consultoría Tecnológica, S.L.

Importe de adxudicación: 71.272,73 €, máis IVE ao 21 % (14.967,27 €), o que supón un total de 86.240,00 €.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia