Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 4 de maio de 2018 Páx. 23386

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle sobre reaxuste de aliñacións no núcleo de Castro.

Mediante Resolución de Alcaldía ditada con data do 5 de abril de 2018 foi aprobado inicialmente o estudo de detalle redactado con data de xaneiro de 2018 polo arquitecto Ramón Carlos Fernández Losada para reaxuste de aliñacións no núcleo de Castro do Concello de Carballedo, provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicado o anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que quen se considere prexudicado ou afectado poida formular as alegacións que coide procedentes.

Carballedo, 5 de abril de 2018

Julio M. Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde