Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 20 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Cultura, en relación co procedemento CT221C/2016 número de expediente 83 respecto á Orde do 5 de febreiro de 2016 das axudas para o libro galego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, notifícase que por parte da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria se ditou o acto administrativo que a continuación se sinala:

Deriva Ediciones, NIF 506357449, procedemento CT221C/2016, expediente núm. 83. Acto administrativo: trámite de audiencia do 29 de xaneiro de 2018.

Para os efectos do previsto no artigo 82.1 da Lei 39/2015. De acordo co establecido no artigo 82.2 da dita lei, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte da notificación do presente acto, a editorial poderá alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulgue pertinentes.

A editorial ou o seu representante poderá solicitar, acreditando a súa identidade, unha copia do dito acto administrativo, comparecendo de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo do Libro e Publicacións sito na Cidade de Cultura (Biblioteca de Galicia) Monte Gaiás en Santiago de Compostela, teléfono de contacto 981 54 58 04, no prazo máximo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio. Se transcorrido o dito prazo non comparece, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2018

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura