Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Empresas de Expertos de Seguridade de Galicia (Aesga).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación do artigo 4 dos estatutos da Asociación de Empresas de Expertos de Seguridade de Galicia (Aesga), que consiste no cambio de domicilio social, que pasa a ser na rúa Médico Rodríguez, portal 15, 1A, A Coruña.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser membros as empresas entendidas como empregadoras de seguridade inscritas no Rexistro de Empresas do Estado, das de instalación e mantemento de instalacións de protección contra incendios, así como empresarios debidamente cualificados nesta materia que dexesen pertencer a esta e que teñan ou desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, coa condición de observar estes estatutos.

Asinantes: Roberto Lage Regal e Miguel A. Naya García.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego