Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Editoras.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación do artigo 5.1 dos estatutos da Asociación Galega de Editoras.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: segundo recolle o artigo 5 dos estatutos.

Asinantes: José Antonio Ballesteros Rey e Ana María Guerra Cañizo.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego