Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23476

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, sobre reclasificación e creación de postos reservados a funcionarios de Administración local de habilitación de carácter nacional no Concello de San Cibrao das Viñas.

O Concello de San Cibrao das Viñas solicita á Dirección Xeral de Administración Local a modificación da clasificación do posto de secretaría-intervención, que deixa de ser de clase terceira para ser de clase segunda; así mesmo, solicita clasificación do posto de nova creación, denominado intervención como de clase segunda.

Os dous postos cuxa clasificación se solicita teñen atribuído o desempeño de funcións reservadas a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O expediente tramitado polo Concello é conforme o disposto no artigo 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, e no artigo 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, e reúne os requisitos para a súa tramitación de conformidade co informe emitido con data do 14 de marzo de 2018 polo xefe do Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Funcionarios con Habilitación Nacional.

Polo exposto, e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 15.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o artigo 20 do Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a clasificación actual do posto de secretaría-intervención do Concello de San Cibrao das Viñas, reservado a funcionarios con habilitación nacional, que pasa a denominarse secretaría e ser de clase segunda; queda configurado da seguinte forma:

Entidade local: Concello de San Cibrao das Viñas.

Posto: secretaría.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Forma provisión: concurso.

Segundo. Clasificar o posto de intervención de nova creación como posto reservado a funcionarios de Administración local con habilitación nacional de clase segunda; queda configurado da seguinte forma:

Entidade local: Concello de San Cibrao das Viñas.

Posto: intervención.

Subescala: intervención-tesouraría.

Categoría: entrada.

Forma provisión: concurso.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, os interesados poderán interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. Así mesmo, a entidade local poderá presentar previamente requirimento no prazo de dous meses conforme o disposto no artigo 44 da dita Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2018

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local