Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23631

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 26 de abril de 2018 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación dun/dunha titulado/a superior (técnico/a I) mediante un contrato por obra ou servizo de duración determinada para o desenvolvemento do proxecto de investigación titulado Conectasouto-Plus (referencia IN852A 2016/116).

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa web http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de un/unha técnico/a I mediante a modalidade contractual para a realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica regulado na lexislación vixente que resulte de aplicación, particularmente, polo disposto nos artigos 12 e 15 do Estatuto dos traballadores modificado polo Real decreto lei 10/2010, pola Lei 12/2001, con especial referencia aos termos da disposición adicional sétima, pola Lei 14/2011 e o Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o referido artigo 15 do Estatuto dos traballadores.

Proxecto a desenvolver: Conectasouto-Plus (ref. IN852A 2016/116).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego de Calidade Alimentaria