Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23633

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2018 pola que se integra no corpo de profesores titulares de universidade a Ana Isabel García Arias.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na súa disposición adicional segunda, dispón o seguinte:

«1. Os profesores titulares de escola universitaria que, á entrada en vigor desta lei, posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente, e se acrediten especificamente no marco do previsto polo artigo 57, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade, nas súas propias prazas. Para a acreditación de profesores titulares de escola universitaria valorarase a investigación, a xestión e, particularmente, a docencia».

«2. Os que non accedan á condición de profesor titular de universidade permanecerán na súa situación actual mantendo todos os seus dereitos e conservando a súa plena capacidade docente e, de ser o caso, investigadora».

Unha vez comprobado o cumprimento pola persoa interesada dos requisitos establecidos consonte o disposto nas citadas disposicións adicionais e en uso das atribucións conferidas ao meu cargo pola Lei orgánica de universidades e o Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolvo o seguinte:

Queda integrada no corpo de profesores titulares de universidade, a funcionaria do corpo de profesores titulares de escola universitaria, pertencente a esta universidade, que se relaciona a continuación, quedando adscrita ao mesmo departamento, área de coñecemento e centro que estivese no seu corpo de orixe:

Apelidos e nome

DNI

Área de coñecemento

Data de efectos
da integración

García Arias, Ana Isabel

33313712Y

Economía, Socioloxía e Política Agraria

24.11.2017

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpor recurso de reposición ante o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, en cuxo caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que sexa resolto expresamente ou se teña producido a desestimación presunta do de reposición, conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da LRJ-PAC.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018

Juan Manuel Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela