En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada pola Confederación de Empresarios de Galicia o 3 de abril de 2018,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a José María Seijas López, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.
Santiago de Compostela, trinta de abril de dous mil dezaoito
Alberto Núñez Feijóo
Presidente