Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23695

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 45/2018, do 30 de abril, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada pola Confederación de Empresarios de Galicia o 3 de abril de 2018,

DISPOÑO:

Artigo único

Que cese, como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, Elier Ojea Ureña, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de abril de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente