Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de abril de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se cita a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 162/2017-CO.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, cítase a persoa interesada (indicada no anexo) para que sexa notificada, por comparecencia, do acordo de inicio do expediente 162/2017-CO.

O xefe provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) da Coruña emitiu o acordo de inicio do expediente de reclamación de danos ao dominio público viario.

A persoa interesada poderá comparecer, para coñecer o texto íntegro, no prazo de dez (10) días que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A notificación do acordo deberase recoller na sede da Xefatura Provincial da AGI da Coruña (sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o dito prazo sen que a persoa interesada comparecese, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao último día do prazo fixado.

A Coruña, 23 de abril de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Persoa interesada: Diego Jesús Baqueiro Ces.