Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de abril de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se sinala a data para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-116, treito Río do Pozo-AC-114, punto quilométrico 4+120-6+500 (clave AC/16/061.06), no concello de Narón.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para o termo municipal de Narón, con motivo das obras do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-116, treito Río do Pozo-AC-114, p.q. 4+120-6+500, de clave AC/16/061.06, no concello de Narón, aos propietarios dos predios cuxa relación figura exposta no taboleiro de anuncios do concello referido, que se efectuará proximamente mediante transferencia bancaria.

No caso de non ter presentado o certificado da titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, convócase o acto de formalización das actas de ocupación que terá lugar:

Concello: Narón.

Lugar: sala de prensa (entreplanta da casa do Concello).

Praza de Galicia, s/n, 15770 Narón.

Data: 5 de xuño de 2018.

Hora: das 10.00 ás 13.00 horas.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, coa advertencia de que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, que non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, que deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros e identificarse co documento nacional de identidade.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase o anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben se, intentada esta, non se puidese practicar.

A Coruña, 16 de abril de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña