Mediante a Resolución do 7 de decembro de 2017 (DOG núm. 241, do 21 de decembro) publicáronse as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeuse á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2018, por trámite anticipado de gasto.
O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.
Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que carecen dalgún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.
O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.
Os requirimentos obxecto da presente resolución non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015.
En virtude do anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes cuxos expedientes deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo I a esta resolución.
Segundo. Habilitar un prazo de 10 días naturais para que os requiridos accedan á Oficina virtual do Igape dende a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no enderezo www.tramita.igape.es, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para acceder ao requirimento individualizado de emenda. Entenderase rexeitado cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición do requirimento sen que se acceda ao seu contido.
Terceiro. Establécese un prazo de dez días hábiles para achegar a documentación sinalada, contados a partir do día hábil seguinte ao do acceso ao requirimento individualizado, ou a partir do día en que se puxo á súa disposición no caso de non acceder ao seu contido.
Cuarto. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, considerarase que o solicitante desiste da súa petición e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita Lei 39/2015.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018
Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO I
Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación
Núm. de expediente |
Titular do expediente |
NIF |
IG208.2018.1.1 |
Consello Regulador Rías Baixas |
Q8655030H |
IG208.2018.1.2 |
Cluster Tic Galicia |
G70157581 |
IG208.2018.1.4 |
Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño |
G27292051 |
IG208.2018.1.5 |
Asociación de Industrias Culturales de la Provincia de Ourense |
G32479446 |
IG208.2018.1.6 |
Anfaco |
G36625309 |
IG208.2018.1.7 |
Rede Galega de Empresas |
G15803760 |
IG208.2018.1.8 |
Entre Nós-Empresas Galegas |
G70518725 |
IG208.2018.1.11 |
Asociación Galega de Empresas de Xardinería |
G15728777 |
IG208.2018.1.12 |
Fundación Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) |
G36983575 |
IG208.2018.1.13 |
Asociación de Empresas de Tecnología de Galicia |
G36969525 |
IG208.2018.1.14 |
Agmma (Asociación Gallega de Moldistas, Matriceros y Afines) |
G36912962 |
IG208.2018.1.15 |
Asoc. Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos |
G36942720 |
IG208.2018.1.16 |
Asociación Galega de Áridos |
G36345718 |
IG208.2018.1.17 |
Asociación de Fabricantes de Cerveza Artesanal de Galicia |
G32485971 |
IG208.2018.1.18 |
Consello Regulador D.O. Ribeiro |
Q8255201I |
IG208.2018.1.19 |
Confederacion de Empresarios de Pontevedra (CEP) |
G36615219 |
IG208.2018.1.20 |
Fundación Ctag (Centro Tecnológico de Automoción de Galicia) |
G36871424 |
IG208.2018.1.21 |
Empresarios Grovenses de Bens e Servicios (Emgrobes) |
G36032498 |
IG208.2018.1.22 |
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) |
G36614774 |
IG208.2018.1.23 |
Asociación Gallega de Ferias-Agafe |
G32429953 |
IG208.2018.1.24 |
Clúster do Producto Gráfico e do Libro Galego |
G70115282 |
IG208.2018.1.25 |
Aecalpo |
G36274306 |
IG208.2018.1.26 |
Asociación de Empresarios del Producto Gourmet |
G32471492 |
IG208.2018.1.27 |
Asociación Cluster Alimentario de Galicia |
G27407212 |
IG208.2018.1.28 |
Asociación Cluster del Granito |
G36644961 |
IG208.2018.1.30 |
Confederación Industrias Textiles de Galicia |
G36681039 |
IG208.2018.1.31 |
Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia |
V27218643 |
IG208.2018.1.32 |
Cluster do Audiovisual Galego |
G15891260 |
IG208.2018.1.33 |
Asociación de Clubes Náuticos de Galicia |
G15916547 |
IG208.2018.1.35 |
Cluster del Agua Mineral y Termal de Galicia |
G70311568 |
IG208.2018.1.36 |
Asociación Cluster da Madeira de Galicia |
G32290439 |
IG208.2018.1.37 |
Asociación Cultivos Baixo Miño, Acubam |
G94078961 |
IG208.2018.1.38 |
Asociación Cluster del Naval Gallego |
G15710338 |
IG208.2018.1.39 |
Asociación Ourensana de Empresarios de Comercio Online |
G32472425 |
IG208.2018.1.40 |
Cluster Saúde de Galicia Csg |
G70308143 |