Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23792

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de abril de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG número 80, do 25 de abril de 2018, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 22057, no artigo 6.2.a).4º, onde di: «4º. Resgardo de ter pagadas as taxas para a obtención do título de estudos universitarios acadado segundo o expresado no artigo 4.5, en ausencia do título. (...)», debe dicir: «4º. Resgardo de ter pagadas as taxas para a obtención do título de estudos universitarios obtido segundo o expresado no artigo 4.3, en ausencia do título. (...)».

– Na páxina 22057, no artigo 6.2.b), elimínase o punto 3º.

– Na páxina 22059, no artigo 9.1, onde di: «1. As solicitudes serán avaliadas por un comité de selección que estará presidido polo xerente do Igape (ou o seu suplente, en caso de necesidade) (...)», debe dicir: «1. As solicitudes serán avaliadas por un comité de selección que estará presidido polo xerente do Igape X (ou o seu suplente, en caso de necesidade) (...)».

– Na páxina 22060, no artigo 9.3.e), onde di: «e) (...) No caso de titulacións universitarias non preferentes (artigo 2.8), o máster en comercio exterior non puntúa por ser condición necesaria. (...)», debe dicir: «e) (...) No caso de titulacións universitarias non preferentes (artigo 4.3), o máster en Comercio Exterior non puntúa por ser condición necesaria. (...)».

– Nas páxinas 22073 e 22074 substitúese o anexo I polo que se publica con esta corrección de erros, debido a que se corrixe o cadro de Documentación que se presenta ou xa presentada con anterioridade.

missing image file
missing image file