Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2018 Páx. 23921

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

En sesión que tivo lugar o día 2 de maio de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 246, do 27 de decembro), adoptou os seguintes acordos:

De acordo co establecido na base II.1.1.4, convócase a Luis Antonio Gómez Capellín, con DNI 11073736 H que non acreditou en prazo posuír o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG número 146, do 30 de xullo), para a realización do cuarto exercicio do proceso selectivo que terá lugar na Sala E do Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, o día 21 de maio de 2018, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

O aspirante deberá ir provisto de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2018

Alejandro Blanco García
Presidente do tribunal