Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2018 Páx. 23920

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de abril de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, ditada no proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), en execución das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditadas nos procedementos ordinarios 77/2015, 197/2015 e 198/2015.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 86, do 4 de maio de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:

No sumario (páxina 23264), onde di: «RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, ditada no proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de delineantes, grupo B, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013…», debe dicir: «RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, ditada no proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013…».