Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2018 Páx. 23918

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

Para os efectos previstos no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no primeiro cuadrimestre do ano 2018 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) para actividades de divulgación, difusión, promoción e formación sobre xeotermia en Galicia.

Obxecto: realización de actividades relacionadas co fomento da xeotermia en Galicia durante o ano 2018, asignando os recursos necesarios para levalas a cabo.

Sinatura: 19 de marzo de 2018.

Importe: 24.000,00 €.

Nº: 2.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Sotavento Galicia, para a realización de actuacións na Feira da Enerxía de Galicia, os días 22, 23 e 24 de marzo de 2018.

Obxecto: establecer as bases da colaboración entre o Inega e a Fundación Sotavento Galicia para a realización de actividades na Feira da Enerxía de Galicia que se celebrará os días 22, 23 e 24 de marzo de 2018 cunha finalidade pedagóxica e divulgativa do mundo da enerxía.

Sinatura: 19 de marzo de 2018.

Importe: 20.000 €.

Nº: 3.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia para a realización dun curso de formación relacionado coas enerxías renovables.

Obxecto: levar a cabo na comunidade terapéutica de Proxecto Home un proxecto educativo de formación en enerxías renovables para a capacitación dos mozos e mozas que reciben atención terapéutica e converter a fundación nun centro de educación ambiental.

Sinatura: 13 de abril de 2018.

Importe: 20.000,00 euros.

Nº: 4.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) para la realización dun estudo enerxético do sector de automoción de Galicia Horizonte 2020.

Obxecto: establecer as condicións da colaboración entre o Inega e Ceaga para a elaboración dun estudo enerxético do sector de automoción de Galicia que recolla o contexto enerxético actual das empresas do sector, así como as actuación que hai que levar a cabo a curto, medio e longo prazo para facer mais sostible dita variable nas empresas.

Sinatura: 23 de abril de 2018.

Importe: 50.000,00 euros.