Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24106

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 4840/2017).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4840/2017

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 528/2014. Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: Servizo Público de Emprego Estatal

Avogado/a: letrado/a do Servizo Público de Emprego Estatal

Recorrida: María Leticia Liste Regueiro

Avogada: Cristina Augusta Gómez Lozano

Recorrida: Grupo Lindega Asociados, S.L. (BOP)

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4840/2017 desta sección, seguido por instancia do Servizo Público de Emprego Estatal contra María Leticia Liste Regueiro e a entidade Grupo Lindega Asociados, S.L., sobre desemprego, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Decidimos que debemos desestimar e desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do Servizo Público de Emprego Estatal contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 desta capital, do 1 de setembro de 2017, ditada en autos número 528/2014, seguidos por instancia da demandante María Leticia Liste Regueiro contra a Administración recorrente e a mercantil Lindega Asociados, S.L.U., sobre revogación de resolución de perda de prestacións por desemprego e reintegro de cantidades, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución impugnada.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Lindega Asociados, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza