Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24092

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2018 pola que se modifican os créditos orzamentarios das bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia emprende).

Mediante a Resolución do 30 de marzo de 2017 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e proceden á convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende) (DOG nº 73, do 17 de abril) para o exercicio 2017.

No punto terceiro do «Resolvo» establécense os créditos dispoñibles para as convocatorias 2017.1, 2017.2 e 2017.3 e, no caso de remanente de crédito dunha convocatoria, incrementarase o crédito da convocatoria posterior mediante modificación desta resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Na Resolución do 30 de marzo de 2017 (DOG nº 73, do 17 de abril) o crédito dispoñible para a primeira convocatoria ascendía a 2.500.000 €, dos cales se comprometeron 1.860.073,27 €, e o crédito para a segunda convocatoria ascendía a 1.500.000 €, dos cales se comprometeron 991.720,22 €, do que resulta un remanente conxunto de 1.148.206,51 €.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único.

Modificar os créditos da convocatoria 2017.3 das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia Emprende) (DOG nº 73, do 17 de abril), que queda do seguinte xeito:

Convocatoria

Partida orzamentaria

Ano 2018

Ano 2019

2017.3

09.A1.741A.7704

804.035,66 €

794.141,89 €

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2018

O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
P.S. (Acordo do Consello de Dirección do 29.3.2012)
Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica