Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24094

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 30 de abril de 2018 pola que se modifican os créditos orzamentarios das bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia emprende).

BDNS (Identif.): 342092.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación dos créditos orzamentarios

Modifícanse os créditos da convocatoria 2017.3 das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia emprende) (DOG nº 73, do 17 de abril), que se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7704, que quedan do seguinte xeito:

Convocatoria 2017.3: 804.035,66 € para o ano 2018 e 794.141,89 € para o ano 2019.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2018

Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica