Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2018 Páx. 24276

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para a cobertura de 109 postos de auxiliar de policía local.

De conformidade co establecido na base 4.3 da Orde do 22 de marzo de 2018 (DOG núm. 65, do 4 de abril) pola que convoca proceso selectivo unitario e se aproban as bases reguladoras para postos de auxiliares da policía local, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para a cobertura de 109 postos de auxiliares de policía local convocados pola Orde do 22 de marzo de 2018 (DOG núm. 65, do 4 de abril).

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal.

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Segundo. Convocar as persoas aspirantes admitidas á realización do primeiro exercicio do proceso selectivo correspondente as probas físicas, o día 19 de maio de 2018, ás 15.30 horas, no estadio de atletismo da USC, situado na avenida de Novoa Santos, 4, en Santiago de Compostela.

Os opositores comparecerán provistos do documento nacional de identidade ou calquera outro documento legal que o substitúa.

No suposto de non rematar este exercicio no día previsto, continuarase a súa realización o día seguinte, 20 de maio, no mesmo lugar a partir das 10.00 horas.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuado na sede da Agasp e na páxina web da propia Academia: http://agasp.xunta.gal, na sección de novas.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

A Estrada, 14 de maio de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Apelidos

Nome

DNI

Motivo da exclusión

Malvido Menduíña

Adrián

78739088Z

1, 2

Mateo Navarro

Emilio José

52725221K

1, 2

Motivos da exclusión:

1. Non presenta xustificante de ter aboadas as taxas.

2. Non presenta certificado médico válido.