Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2018 Páx. 24278

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2018 pola que se nomea o tribunal de selección de persoal directivo para o posto de subdirector/a de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

Convocado o proceso selectivo para a provisión mediante contrato de alta dirección do posto de persoal directivo de subdirector/a de Planificación e Dinamización do Medio Rural da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) por Resolución do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 54, do 16 de marzo), de conformidade co Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), aprobado polo Decreto 78/2001, do 6 de abril (DOG núm. 77, do 20 de abril), e en virtude do acordo do Consello de Dirección do 7 de xuño do 2016, esta dirección

RESOLVE:

Nomear o tribunal, titular e suplente, que deberá facer a selección da praza de subdirector/a de Planificación e Dinamización do Medio Rural, recollida na mencionada convocatoria.

O dito tribunal ten a seguinte composición:

– Tribunal titular:

Presidencia: Francisco José Tomico Santos, subdirector xeral de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural.

Vogal: Patricia Villajos Grande, subdirectora xeral de Xestión do FSE e outros Programas Comunitarios da Consellería de Facenda.

Secretaría: Severino Álvarez Monteserín, secretario xeral da Agader.

– Tribunal suplente:

Presidencia: María José Cortés Jiménez, subdirectora xeral de Formación e Innovación Agroforestal da Consellería do Medio Rural.

Vogal: Elena Barca Ramos, xerente da Axencia Turismo de Galicia.

Secretaría: Nicasio Daniel Mejuto Martí, subdirector xeral de Explotacións Agrarias da Consellería do Medio Rural.

A este tribunal resúltanlle de aplicación as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección do 11 de abril de 2007 e o Acordo adoptado no Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias referidas nos termos establecidos no artigo 24 da citada Lei 40/2015, do 1 de outubro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Todo sen prexuízo de que a persoa interesada poida interpor calquera outro recurso que mellor conveña ao seu dereito.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural