Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de maio de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-241, treito San Gregorio-Rozadela (concello de Vedra), punto quilométrico 2+540 - 3+490, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave AC/16/197.06).

Antecedentes:

O artigo 6.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e o artigo 12.2 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, determinan que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta Galicia elaborou a «Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia», entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

O presente proxecto ten por obxecto a creación dun itinerario peonil e ciclista pola marxe esquerda da estrada AC-241.

O trazado en planta da presente actuación comeza no p.q. 2+540, no lugar de Rozadela e remata no p.q. 3+490, no lugar de San Gregorio, ambos os lugares pertencen á parroquia de San Mamede de Ribadulla-concello de Vedra; así a totalidade das actuacións consideradas, englóbanse integramente dentro do término municipal de Vedra (A Coruña).

A sección da senda proxectada ten un ancho mínimo de 1,8 m en toda a súa lonxitude, destinada ao tránsito peonil e ciclista, e está limitada do lado da calzada, por un bordo interior entre a senda e a zona verde, un separador vexetal formado por unha franxa de 90 cm de ancho mínimo e un bordo exterior de formigón gris e sección rectangular de 22 cm de base inferior e 12 cm de altura, sobreelevado 3 cm respecto á cota da calzada.

Existen zonas puntuais en que é preciso realizar muros de contención de terras para sostemento da senda proxectada.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Vedra (Mestre Manuel Gómez Lorenzo, 1, 15885 Vedra, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago Compostela, 2 de maio de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relacion de bens, dereitos e propietarios afectados.
Proxecto de construción

Itinario peonil e ciclista na AC-241. Treito: San Gregorio-Rozadela (concello de Vedra) p.q. 2+540 - 3+490.

Clave: AC/16/197.06.

Concello de Vedra.

Ref. catastral

Titular

Solo núcleo urbano (fóra de aliñacións)

Solo rústico

Destino

Total m2

1

002202100NH43F

Albela Lema, Mª Carmen

99,88

Viario

99,88

2

15090A50700498

Valdés Lema, Manuel

231,6

Viario

231,6

3

002202200NH43F

Maceira Fernández, Elda

Martínez Vilasante, Manuel Antonio

175,78

Viario

175,78

4

15090A50700496

Castelao Alvela, Francisco Javier

414,1

Viario

414,1

5

15090A50700485

Alvela González, José

91,79

Viario

91,79

6

15090A50700484

Pallarés Valdés, María Teresa

244,02

Viario

244,02

7

002100600NH43F

Casal Munín, Juan B

Silva Fernández, María T

26,94

Viario

26,94

8

15090A50700487

Silva Fernández, María T

41,72

Viario

41,72

9

15090A50700488

Fernández Albela, Carmen

81,46

Viario

81,46

10

15090A50700489

Iglesias Fernández, José

146,84

Viario

146,84

11

15090A50700463

Goméz Sada Ramiro J. (Herdeiros de )

71,88

71,88

12

15090A50700464

Pérez Nodar, Javier

Maluenda de Cabo, Margarita

24,95

24,95

13

002101900NH43F

Pérez Fernández, Constantino

Nodar Ferradans, M. Rosa

62,88

62,88

14

002102300NH43F

Albela Lema, Gerardo Marcelino

61,70

61,70

15

002102100NH43F

Albela Lema, Gerardo Marcelino

222,60

222,60