Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25205

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de maio de 2018 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2018.

Mediante a Orde do 13 de febreiro de 2018 (DOG do 23 de febreiro), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2018.

Reunida a comisión prevista no artigo 11 da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co artigo 12 da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de nais e pais do alumnado e ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial relacionadas no anexo.

Segundo. Para faceren efectivo o pagamento das axudas, os/as beneficiarios/as presentarán electronicamente, de acordo co establecido no artigo 9 da orde de convocatoria, dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Xestión de Programas Educativos, antes do día 31 de outubro de 2018, a seguinte documentación:

a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas e/ou nóminas e acreditación documental de que se efectuou o seu aboamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.

b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 13 de febreiro de 2018 (DOG do 23 de febreiro), pola que se convocan as axudas para o ano 2018.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, contra esta orde poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

CIF

Confederación/Federación/APA CEE

Concello

Importe (€)

G15115165

CONFAPA (Confed. Galega APAS centros públi.)

A Coruña

9.291,54

G15098114

CONGAPA (Confederación Galega de APAS)

A Coruña

7.911,54

G70416557

CONFEDERACIÓN ANPAS galegas

Santiago de Compostela

9.611,54

G15042617

FEDERACIÓN provincial APAS centros públicos

A Coruña

5.484,00

G15089857

FAPA Federación provincial de ANPAS privados

A Coruña

1.904,00

G70366588

FEDERACIÓN centros públicos A Costa da Morte

Carballo

2.364,00

G27019140

FAPACEL Federación provincial APAS centros públicos

Lugo

2.964,00

G27043389

FAPALUGO Federación provincial APAS

Lugo

1.744,00

G32009037

FEDERACIÓN provincial APAS centros públicos As Burgas

Ourense

3.544,00

G36020311

FEDERACIÓN provincial ANPAS centros públicos

Pontevedra

4.924,00

G70222195

FEDERACIÓN centros públicos Compostela

Santiago de Compostela

1.865,00

G15062839

FECAPA Federación Central de APAS

Santiago de Compostela

2.005,00

G36581841

FESANPAS Federación Estradense

A Estrada

1.285,00

G36743946

FOANPAS Federación ANPAS Olívica

Vigo

2.545,00

G36959658

SURGAPA Federación ANPAS do Suroeste

Vigo

1.525,00

G15984990

APA CEE Ntra. Sra. del Rosario

A Coruña

1.050,00

G15747678

ANPA CEE Amicos

Ribeira

1.050,00

G27159425

ANPA CEE Santa María

Lugo

1.050,00

G32022774

ANPA CEE Miño

Ourense

1.050,00

G32411084

ANPA CEE Ilustre Mestre

Ourense

1.050,00

V36130169

ANPA CEE Joaquina Otero

A Guarda

1.050,00

G36753895

APA La Ilusión del Valle Miñor CEE Juan María

Nigrán

1.050,00

G36152262

ACEESCA APA CEE Santísimo Cristo del Amor

O Porriño

1.050,00

G36180768

APA CEE Juan XXIII

Pontevedra

1.050,00

G36630614

ANPA CEE A Menela

Vigo

1.050,00

G36812063

APA CEE Saladino Cortizo

Vigo

1.050,00

G36682102

APA CEE San Rafael

Vigo

1.050,00

G36131027

APA CEE de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa

1.050,00

G36024941

APA CEE Os Mecos

Vilanova de Arousa

1.050,00