Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se acorda realizar o pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola obra proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito Neaño-Cabana, p.q. 2+176-3+740, no concello de Cabana de Bergantiños (clave AC/16/053.06).

En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo facer o pagamento de prezos xustos por mutuo acordo dos bens e dereitos afectados pola obra proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito Neaño-Cabana, p.q. 2+176-3+740 (clave AC/16/053.06), no concello de Cabana de Bergantiños, que se relacionan no anexo.

O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria a quen figura como titular na acta previa. No suposto de cambio na titularidade da propiedade que figura na acta previa, deberán achegar documentación que acredite a transmisión da propiedade e DNI do novo titular.

A contía que se deberá pagar será o resultado de deducir do prezo xusto o importe correspondente ao depósito previo. Para proceder ao pagamento, os titulares dos bens e dereitos afectados deben proporcionar un certificado de titularidade da conta bancaria co número de conta completo (incluído IBAN) dentro dos quince (15) días naturais, no cal todos os propietarios figuren conxuntamente como titulares. No caso de que no dito período non se proporcione a documentación, a transferencia aos titulares non se poida levar a cabo e/ou a propiedade dos bens e dereitos afectados non se acreditase suficientemente, o importe do prezo xusto depositarase na Caixa Xeral de Depósitos.

A documentación requirida debe presentarse por calquera dos seguintes medios: nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, nas oficinas postais dirixidas ao Servizo de Infraestruturas da AXI da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 8ª planta, 15071 A Coruña), mediante presentación electrónica no enderezo:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A

Ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o seu domicilio ou ben a quen, tentada a notificación, non se puido practicar.

A Coruña, 30 de abril de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Predio

Letra

Apelidos

Nome

 

García Cundíns

María Dolores 

5

Méndez García

María del Carmen

8

Castro Domínguez

María

9

Ameijenda Souto

Manuel

10

Ameijenda Souto

Manuel

11

Esmorís Cancela

Ramón

12

Esmorís Cancela

Ramón

15

Blanco Moreira

Carmen

15

Méndez Blanco

Carmen

17

Pose Baña

Lucía

17

Souto Pose

Antonio

18

Figueiras Lema

María Josefa

19

Costa Lema

Amparo

24

Verdes García

Mercedes

25

B

Mourelle Pose

Isabel

26

Cundíns Ternade

José

27

Villar Nogueira

Dolores Carmen