Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25196

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Resolución do 7 de maio de 2018, da Direccion Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN200A).

BDNS (Identif.): 399562.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional (http://www.pap.minhap.go.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.

Segundo. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios de Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

Destínase un total de 10.000,00 euros con cargo aos orzamentos da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

Premio Artesanía de Galicia 2018.

Dotación de 6.000 € e trofeo acreditativo.

Premio Traxectoria 2018.

Trofeo acreditativo e sen dotación económica.

Premio Bolsa Eloy Gesto 2018.

Bolsa de formación de 4.000 € e diploma acreditativo.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 2 de novembro de 2018 e remata ás 14.30 horas do 16 de novembro de 2018.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2018

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo