Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25178

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 16 de maio de 2018 pola que se publica a ampliación de crédito, a modificación do prazo de presentación de solicitudes e se modifica a Orde do 8 de marzo de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301V).

A Orde do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301V) (DOG núm. 57, do 22 de marzo de 2017), establece na exposición de motivos que os créditos estimados na orde poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais e nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 y 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.

No artigo 2.5 establécese que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, ao existiren outras incorporacións de crédito que poden ser utilizadas para os mesmos fins como consecuencia da existencia de créditos incorporados, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 8 de marzo de 2017, coa finalidade de ampliar a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto, en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o importe total dos créditos destinados ás axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 8 de marzo de 2017, nas seguintes contías e aplicación orzamentarias, con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da mesma aplicación e proxecto que o crédito inicial.

Aplicación

Proxecto

Importe (€)

2017

2018

Inicial

09.41.323A.480.0

2013 00545

6.642.080,00

2.321.040,00

Ampliación

09.41.323A.480.0

2013 00545

-

5.100.000,00

Total

09.41.323A.480.0

2013 00545

6.642.080,00

7.421.040,00

Artigo 2

Modificase o prazo de presentación de solicitudes de maneira que a persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito e, en calquera caso, antes do 30 de xullo de 2018, para aquelas accións formativas que finalicen entre o 16 de novembro de 2017 e o 30 de xuño de 2018 (inclusive) ou que se inicien neste último período.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria