Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25292

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 17 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2018.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 86, do 4 de maio de 2018, procede efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 23251, no punto d) do artigo 22.1, onde di:

«d) Tubérculos de pataca de consumo producidos no concello de Cariño durante a campaña 2017 e destruídos en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny».

Debe dicir:

«d) Tubérculos de pataca de consumo producidos nas zonas demarcadas durante as campañas 2017 e 2018 e destruídos en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny».