Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017474AL-PO por infracción en materia de seguridade alimentaria.

O 12 de abril de 2018 a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador núm. 2017474AL-PO, incoado a José Antonio Costas Simón, co DNI 36012917T, como titular do establecemento Bar O Caldeiro.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que, mediante esta cédula, se notifica a José Antonio Costas Simón, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.

No caso de estar conforme con esta resolución, de acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario será o seguinte: 1) se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte. Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía do constriximento.

Consonte o artigo 85.3 da Lei 39/2015 e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo), dispón dun prazo de dous meses para presentar recurso contencioso-administrativo contra esta resolución no Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os artigos 8 e 14 da dita Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 4 de maio de 2018

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017474AL-PO.

Denunciado: José Antonio Costas Simón, con DNI 36012917T, como titular do establecemento Bar O Caldeiro.

Último enderezo coñecido: rúa Ángel de Lema e María, núm. 245 de Vigo, Pontevedra.

Feito imputado: infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

Artigos 3, 4 e 5 do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

Artigo 9 do Regulamento 1169/2011, do 25 de outubro, sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51, punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: douscentos corenta euros (240,00 €).