Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25418

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de maio de 2018 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e da Axencia Galega de Infraestruturas.

A aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e da Axencia Galega de Infraestruturas xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 9 de maio de 2018, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e da Axencia Galega de Infraestruturas, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan, en aplicación do criterio de excepcionalidade que na marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para tramitar as relacións de postos de traballo e determinar os criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

IV.A19.10.000.15001.001

Xefatura Servizo Provincial da AXI

• Especial responsabilidade por garantir unha adecuada toma de decisións que supoñen a limitación de dereitos en situacións de alerta sanitaria ou emerxencia:

A coordinación ou dirección de funcionarios que, como titulares dun posto, exercen sobre as decisións do persoal ao seu cargo e que teñen a capacidade de tomar decisións que supoñan a limitación de dereitos de propiedade, de libre circulación e residencia de persoas, ou outros dereitos individuais en situacións de emerxencia

IV.A19.10.000.27001.001

Xefatura Servizo Provincial da AXI

IV.A19.10.000.32001.001

Xefatura Servizo Provincial da AXI

IV.A19.10.000.36001.001

Xefatura Servizo Provincial da AXI

IV.C02.00.000.15770.060

Xefatura Servizo de Apoio Técnico

•Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 9 de maio de 2018, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e da Axencia Galega de Infraestruturas, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file