Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25569

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2018 pola que se publica a modificación do plan de estudos de máster universitario en Rehabilitación Arquitectónica.

O plan de estudos da titulación de máster universitario en Rehabilitación Arquitectónica pola Universidade da Coruña foi publicado por Resolución do 27 de xullo de 2012 no Boletín Oficial del Estado, BOE, do 6 de setembro, unha vez establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do dito máster que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se estableceu a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, dispón no artigo 28 o procedemento para a modificación de plans de estudo conducentes á obtención de títulos xa verificados.

Polo exposto,

resolvo:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Rehabilitación Arquitectónica pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2016/17.

A Coruña, 30 de abril de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Rehabilitación Arquitectónica

Plan de estudos que se inicia no curso 2016/17 por modificación do anterior

Código RUCT: 4310009

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB).......................................

36

Optativas (OP)...........................................

18

Traballo fin de máster (TFM)......................

6

Total............................................................

60

3. Contido do plan de estudos.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Intervención no Patrimonio. Teoría e Proxecto

Análise e Teoría da Intervención no Patrimonio

OB

3

Accións e Estratexias sobre a Arquitectura Moderna

OP

3

Historia do Patrimonio Arquitectónico

OP

3

Técnicas de Investigación e Documentación en Arquitectura

OP

3

Técnicas de Investigación Tecnolóxica en Arquitectura

OP

3

Técnicas de Levantamento Gráfico

OB

3

A Rehabilitación a través do Proxecto

OB

3

Xestión Integral do Proxecto de Rehabilitación

OP

3

Inspección e Técnicas Construtivas

Inspección dos Sistemas Construtivos

OB

3

Inspección das Estruturas

OB

3

Inspección das Instalacións

OB

3

Avaliación Enerxética na Rehabilitación

OB

3

Patoloxía dos Materiais e Sistemas Tradicionais

OP

3

A Sostenibilidade na Rehabilitación

OP

3

Técnicas Construtivas de Intervención en Rehabilitación

OB

3

Técnicas de Intervención en Rehabilitación de Instalacións

OB

3

Patoloxía e Tecnoloxía na Rehabilitación

Técnicas Numéricas Avanzadas e Control Estatístico en Arquitectura

OP

3

Análise Estrutural de Edificios Históricos

OP

3

Avaliación e Recalzo de Cimentacións

OB

3

Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Formigón

OB

3

Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Madeira

OB

3

Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Fábrica

OP

3

Sistemas Avanzados de Reparación e Reforzo de Estruturas

OP

3

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

TFM

6

O alumnado debe elixir 18 créditos optativos entre o total dos créditos optativos ofertados.

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e no curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre, que deberá ser respectado no caso de producirse unha modificación da organización temporal das materias.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no número 2, para obter o título de máster universitario en Rehabilitación Arquitectónica.