Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25836

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 27/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 27/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Veleiro Rendo contra a empresa Mármoles Alende, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditaron auto e decreto con data do 27 de abril de 2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Elena Calleja Curros.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018.

Antecedentes de feito:

Único. José Manuel Veleiro Rendo presentou escrito en que solicitaba a execución de sentenza DOI 518/17 fronte a Mármoles Alende, S.L.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xulgado do Social número 3 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de sentenza concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa, e coa solicitude de execución presentada, a cantidade pola cal se despacha execución é de 79.815,29 euros de principal (8.693,30 € salarios de tramitación, máis 71.121,99 € de indemnización), máis 7.981,52 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do artigo 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, o 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprise na súa integridade a obriga, se se aprecia falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se incumpriu a obriga de manifestar bens ou se ocultaron elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal aboable en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución pecuniaria o aboamento dos xuros procesuais, de procederen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quede constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose esixible, non se lle impoñerán as custas da execución que se instasen, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto pola maxistrada, a letrada da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José Manuel Veleiro Rendo, fronte a Mármoles Alende, S.L., parte executada, por importe de 79.815,29 euros en concepto de principal (8.693,30 € salarios de tramitación, máis 71.121,99 € de indemnización), máis 7.981,52 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0027 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0027 18. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza         A letrada da Administración de xustiza

E a parte dispositiva do decreto:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018.

Antecedentes de feito:

Único. Nas presentes actuacións ditouse auto en que se despachaba execución a favor de José Manuel Veleiro Rendo fronte a Mármoles Alende, S.L. pola cantidade de 79.815,29 euros en concepto de principal, máis 7.981,52 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC que, ditado o auto que contén a orde xeral de execución, a letrada da Administración de xustiza responsable dela ditará decreto en que se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens e as medidas de localización e indagación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que se deba facer ao debedor nos casos en que o estableza a lei, e ditaranse de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 da LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Mármoles Alende, S.L. pola cantidade reclamada de 79.815,29 euros de principal (8.693,30 € salarios de tramitación + 71.121,99 € indemnización), máis 7.981,52 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas e, se non paga no prazo de dez días, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número 5076 0000 64 0027 18, embargaranse os seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Mármoles Alende, S.L., co fin de que no prazo de dez días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Poñer en coñecemento do Rexistro Público Concursal o auto do 27 de abril de 2018 polo cal se despacha execución con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3., epígrafe final).

Notifíqueselles ás partes e a Mármoles Alende, S.L. por medio de edictos no DOG e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, S.A., conta 5076 0000 64 0027 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0027 18. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Mármoles Alende, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza