De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 8 de maio de 2018 do proxecto de explotación da concesión mineira Frades 6075.2.1, no concello de Mesía (A Coruña), promovido por Cerámica Verea.
Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n baixo).
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2018
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático