Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 8 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto de explotación avícola de ceba sita nas parroquias de Berbetouros e Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei (clave 2017/0233).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 4 de maio de 2018 relativo ao proxecto de explotación avícola de ceba sita nas parroquias de Berbetouros e Vilar de Donas no concello de Palas de Rei (Lugo) (clave do expediente 2017/0233).

Este informe pódese consultar na ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático