Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25831

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 910/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 910/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Martínez Agrelo contra Gestio Illahotels, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a Sentenza co número 219/2018, do 27 de abril de 2018, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, estes autos número 910/2017, sobre despedimento, seguidos por instancia de José Martínez Agrelo, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Pariente Pouso e asistido pola letrada Sra. Millán Miranda, contra Gestio Illahotels, S.L., que non compareceu ao xuízo oral e tendo sido citado o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceu ao xuízo oral. En virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito esta sentenza con base no seguinte

Que, estimando integramente a demanda interposta por José Martínez Agrelo contra Gestio Illahotels, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante, efectuado pola mercantil demandada con efectos do 11 de novembro de 2017, e debo condenar e condeno a Gestio Illahotels, S.L. a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data de efectividade do despedimento a razón de 44,03 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 1.816,26 euros por despedimento improcedente.

A opción por parte do empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco (5) días contados a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Gestio Illahotels, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza